Erguete Coidadores/as de Barrio
Convenio de colaboración coa “Fundación Erguete-Integración” no marco do plan Municipal de Emprego para a atención a cidadanía mediante Coidadores de Barrio e o desenvolvemento de actividades de interese social. O Concello de Vigo concédelle unha subvención total por importe de 540.000 €.
Este convenio de colaboración permite que por medio da instrumentación de novos contratos laborais se dinamice a inserción e profesións relacionadas con formación e dinamización no acompañamento ás persoas residentes nas zonas de actuación, así como a dinamización de actividades que fomenten a solidaridade, a colaboración e as relacións interpersoais, mediante a promoción dos bancos de tempo, en xeral do desenvolvemento de actividades de interese social e, se lle ofreza aos veciños e veciñas de Vigo, así como as persoas en risco de exclusión social a posibilidade de mellorar a súa empregabilidade grazas á atención directa e especializada na reincorporación ao mercado laboral e a sociedade.