Accesibilidade
Os sitios web das administracións públicas teñen o deber de cumprir os criterios de accesibilidade indicados na norma UNE 139803:2004 . Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal Web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC ( Accesibilidade Web ) actualmente vixente en España.
Así mesmo, os sitios web da administración deben satisfacer todos os puntos de verificación de prioridade 2 (adecuación de nivel Dobre A) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web ( WCAG 1.0 ) pola Iniciativa de Accesibilidade Web ( WAI ) do Consorcio World Wide Web ( W3C ).
O Concello de Vigo ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Deste xeito, realizouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade. En calquera caso, é posible que encontre algunha páxina que non se adapte ao 100% a estes estándares, xa que algunhas das seccións contidas no portal están en proceso de adaptación e mellora. Se vostede experimenta algunha dificultade no acceso á información contida neste sitio web, por favor, contacte connosco mediante o seguinte formulario de contacto.
Realizaremos as melloras necesarias á maior brevidade posible. Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe utilizar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica necesarios.
Teclas de acceso rápido
Premendo unha combinación de teclas determinada poderá acceder rapidamente a determinadas páxinas ou contidos da páxina.
- "0" Acceso rapido a Inicio
- "A" Acceso rapido a Servizos
- "B" Acceso rapido a Programas
- "C" Acceso rapido a Proxectos UE
- "G" Acceso rapido a Axudas
- "H" Acceso rapido a Convenios
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
- Internet Explorer: pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e, a continuación, Retorno Enter.
- Firefox: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a tecla de acceso rápido.
- En Mac, a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.