Programas de Inserción Laboral
Programas destinados a favorecer e facilitar a inserción e reinserción laboral, mediante accións programadas e deseñadas que incrementen e melloren a empregabilidade e faciliten o acceso ao emprego.
Dende o Concello de Vigo desenvólvense diversos programas encamiñados á inserción laboral, xa sexan dirixidos a mozos e mozas menores de 30 anos, desempregados e desempregadas en xeral ou persoas con especiais dificultades para atopar emprego.
Nestes programas lévanse a cabo diferentes actuacións: formación teórica e práctica en diversas especialidades formativas, orientación, asesoramento e información profesional, ofertas de contratación en programas de formación e aprendizaxe e prestación de servizos de interese xeral para a cidade, actuacións todas elas dirixidas a favorecer as posibilidades de inserción sociolaboral.
Entre os programas de inserción laboral no Concello de Vigo lévanse a cabo: programas integrados de emprego, obradoiros de emprego e o programa municipal Vigo Emprega.