Arvi
A “Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo (ARVI)” celebra un festival do mar en Vigo coa denominación de “VIGO SEAFEST”, co obxecto de dar a coñecer os produtos pesqueiros locais e a cultura gastronómica entorno a eles. O Concello de Vigo concédelle unha subvención total por importe de 155.000 €, 100.000 € por parte do Concello de Vigo e 55.000 € por parte da Deputación de Pontevedra..
Esta cita representa unha oportunidade para potenciar o emprego nas empresas pesqueiras e o turismo en Vigo e nas Rias Baixas, especialmente no eido dos festivais relacionados cos sectores primarios.
A colaboración mediante a tramitación dun convenio co evento semella a ferramenta idónea para maximizar a repercusión que supón este evento na consolidación das empresas e do emprego, así como do turismo nas Rías Baixas e Vigo como destino turístico.
Deste xeito a “Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo (ARVI)” comprométese a colaborar coa Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos do Concello de Vigo en canto a dinamización e fomento do emprego, así como nas labores de xestión da entidade e da dinamización sectorial das empresas adicadas aos produtos do mar e da actividade económica da cidade.