Proxectos subvencionados pola Unión Europea
O Fondo Social Europeo é o principal instrumento co cal Europa apoia a creación de emprego, axuda as persoas a conseguir mellores postos de traballo e garantir oportunidades laborais mais xustas.
O financiamento do FSE mellora as perspectivas laborais de millóns de persoas, en especial daquelas que teñen dificultades para atopar emprego.
O FSE financia proxectos relacionados co emprego a escala local, rexional ou nacional en toda Europa.
Entre as súas prioridades está impulsar accións que: axuden as traballadoras e traballadores a adquirir novas capacidades, apoien a mozos e mozas na súa transición ao mundo laboral, formen ás persoas menos cualificadas para mellorar as súas perspectivas laborais e axuden a persoas de grupos desfavorecidos a atopar emprego.