Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Secretariado Xitano

O Concello de Vigo e a “Fundación Secretariado Gitano” conveñen na necesidade de establecer unha cooperación tendente a aunar os seus esforzos de cara a posibilitar unha maior inserción social e laboral da Comunidade Xitana. O Concello de Vigo concédelle unha subvención total por importe de 16.000 €.

logotipo Secretariado Xitano

As actuacións do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Secretariado Gitano, enmarcadas no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 e no Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020, teñen como obxectivo esencial a inclusión social da poboación xitana dende o punto de vista da formación e o emprego. Para isto a Fundación Secretariado Gitano comprométese a colaborar coa Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo no desenvolvemento de actuacións na cidade de Vigo como:

  • Accións de orientación socio-laboral.
  • Accións de difusión do servizo e recursos.
  • Accións de diagnóstico e avaliación competencial.
  • Avaliación socio-familiar.
  • Acción de activación e motivación cara o mercado laboral e o retorno educativo.
  • Acción de mellora das competencias educativas, profesionais, básicas e transversais.