Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos
Unha das tarefas fundamentais do Concello de Vigo é a mellora do benestar dos seus cidadáns, sendo un elemento primordial para acadar este benestar a interacción da cidadanía co mercado laboral, dentro das competencias que se lle recoñecen, o Concello de Vigo mediante a sinatura de convenios de colaboración coa “Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos” potencia o acompañamento e apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
A estratexia polo emprego que supón este fomento non é un elemento illado, senón a toma en consideración dun conxunto de accións de colaboración co entramado laboral, educativo, veciñal e social no que o desenvolvemento de convenios de colaboración configúrase como a súa máxima concreción, sendo un elemento primordial para acadar este benestar a interacción da cidadanía co mercado laboral, así como da reincorporación sociolaboral das mulleres vítimas de violencia de xénero e do fomento en todos os ámbitos sociais da eliminación da violencia mediante técnicas de prevención e concienciación social.
Para acadar esta loita contra a discriminación e a reinserción deste colectivo desfavorecido, a Asociación “Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos”, propón a contratación de 4 profesionais para a realización de actividades de fomento, orientación e formación en igualdade, a concienciación social e para mellorar a súa empregabilidade grazas a atención directa e especializada na reincorporación ao mercado laboral e á sociedade destas mulleres vítimas de violencia de xénero.
En base ás precedentes consideracións e ao interese público, social, económico e humanitario que para a cidade de Vigo representa a devandita actividade da Asociación “Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos”, o Concello de Vigo e a dita Asociación “Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos” conveñen a súa colaboración no ámbito de Vigo e a concesión dunha subvención total por importe de 46.128,42 €.