Conxemar
No marco do fomento municipal de emprego o Concello de Vigo mantén un convenio de colaboración coa “Asociación Española de Mayoristas, importadores, Exportadores y Transformadores de productos de la Pesca y Acuicultura (CONXEMAR)”. O Concello de Vigo concédelle unha subvención total por importe de 100.000 €.
A celebración de feiras sectoriais e en concreto a de produtos do mar conxelados, permite:
- A dinamización sectorial, xa que é unha das maiores oportunidades de negocio para as empresas do sector radicadas en Vigo e a súa área de influencia.
- A dinamización da actividade económica na cidade: ademais da proxección internacional da cidade, a celebración da Feira e o Congreso, xera un dos períodos de maior actividade anual nos sectores de hostalaría, restauración, taxi, comercio.
- O fomento do emprego derivado directamente da organización da Feira e do Congreso.
- Mantemento de postos de traballo na sede da Asociación de Vigo.