Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Mariñeiros Artesanais de Bouzas

Dende o Concello de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia, estase a promocionar a cultura mariñeira dende fai moitos anos non só como instrumento de lecer senon tamén como capacitación laboral con saída profesional. O Concello de Vigo concédelle unha subvención total por importe de 16.000 €.

logotipo Mariñeiros Artesanais de Bouzas

Para esta promoción da cultura mariñeira o Concello de Vigo puxo en marcha 5 Escolas Obradoiros denominados “Mar de Vigo”, nos que aparte dos programas de formación e inserción laboral ofreceron a mocidade entre 18 e 25 anos a posibilidade de obter formación especializada en diversas ramas profesionais.

O Concello de Vigo dispón, na actualidade, das seguintes embarcacións tradicionais:

  • “Vigo 05” Traiña de 11,25m de eslora e 2,59 m de manga.
  • “Praia do Vao” bote polbeiro de 4,80 m de eslora e 2,20 m de manga.
  • “Praia da Fontaiña” gamela coruxeira de 4,5 m de eslora e 1,65 m de manga.
  • “Coruxo” galeón de 11 m de eslora e 3,30 m de manga.
  • “Illa de Toralla” Dorna tope de eslora 7,27m e e 2,49 de manga.