Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Vigo Capacita IV

O proxecto Vigo Capacita IV está centrado no aprendizaxe de Operacións básicas de Cociña e Operacións básicas de Restaurante-Bar, supón a cualificación técnica suficiente en ambos oficios, para que os/as 10 alumnos/as-traballadores/as de cada unha das especialidades se convertan en persoas competitivas dentro do actual mercado de traballo.

Imaxen curso Vigo Capacita IV

O obradoiro de emprego Vigo Capacita IV, ten unha duración de 9 meses, dende outubro de 2017 ata xuño de 2018. Para que se cumpra ese dobre propósito de traballo-formación, o obradoiro de emprego realiza unha serie de servizos e obras dirixidos a diversos sectores da nosa cidade.

  • Elaboración e servizo de calor-café para o comedor social da Fundación Érguete-Integra.
  • Elaboración e servizos de almorzos semanais no comedor social da Fundación “Sal de la Tierra”.
  • Servizo de Almorzos Saudables para escolares, persoas con diversidade funcional e colectivos dá terceira idade.
  • Servizos de aperitivos para actos de clausuras de cursos, entrega de diplomas que se leven a cabo en organismos da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo e colaboradores.
  • Menús degustación dirixidos aos colectivos de escolares, persoas con diversidade funcional e persoas da terceira idade.
  • Kids brunch dirixido a escolares de primaria facendo charlas sobre a nomenclatura de alimentos en inglés así como a terminoloxía e/ou protocolo de comidas.
  • Xornadas de portas abertas, dirixidas a establecementos de restauración co fin de difundir os coñecementos e a preparación do alumnado cara a súa futura inserción laboral.
  • Difusión nas redes sociais de receitas, ligazóns, información de eventos, xornadas gastronómicas, feira, artigos de prensa, premios, cursos de formación…

Anteriormente leváronse a cabo as seguintes edicións deste Obradoiro:

  • Vigo Capacita (2013-2014): 24 participantes.
  • Vigo Capacita II ( 2015-2016): 23 participantes.
  • Vigo Capacita III (2016-2017): 20 participantes.
  • Vigo Capacita IV (2017-2018): 20 participantes.

Galeria de imaxes

Para ver as imaxes a un maior tamaño pulse nas imaxes

Facebook Vigo Capacita IV

Facebook Vigo Capacita IV