Obradoiros de Emprego
Os obradoiros de emprego son programas mixtos de emprego e formación de carácter temporal nos que a aprendizaxe e a cualificación se alternan co traballo produtivo en actividades de interese público ou social que permitan a inserción a través da profesionalidade e adquisición de experiencia das e dos participantes.
Dende o inicio do Obradoiro de emprego o alumnado traballador é contratado polas entidades promotoras, utilizándose como modalidade contractual máis adecuada a do contrato para a formación-aprendizaxe. O alumnado traballador percibe as retribucións salariais que lle correspondan, de conformidade co previsto na normativa aplicable. Os obradoiros de emprego teñen unha duración de entre 6 e 9 meses.
Así mesmo o alumnado traballador do obradoiro de emprego reciben orientación, asesoramento e información profesional na busca de emprego e autoemprego, coa finalidade de aumentar as oportunidades de emprego e favorecer a súa inserción laboral.