Formaweb
Promovido polo Concello de Vigo, dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, mediante o Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020.
O Proxecto Formaweb iníciase en setembro de 2017 e remata en marzo de 2018, no cal 15 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade “IFCD0110 Confección e Publicación de páxinas web”.
O obxectivo é que o alumnado acada competencias profesionais na creación e publicación de páxinas web, esta aprendizaxe a alternan coa adquisición de experiencia laboral e posta en práctica dos coñecementos adquiridos a través da prestación dun servizo de interese xeral e social como é o deseño dun espazo web centralizado onde ter acceso á información relativa á Área de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos do Concello de Vigo.