Axudas a creación de empresas
Poden acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial no municipio no período indicado na convocatoria anual (entendendo por inicio de actividade a alta no IAE).
Ás bases entran en vigor a data seguinte á da súa aprobación en Xunta de Goberno Local e as solicitudes correspondentes poden presentarse a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP).
A Aréa de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións con Sindicatos é a encargada de avaliar as solicitudes, e tramitar aquelas que reúnan os requisitos contidos nas bases, e así mesmo, leva o control, seguimento e inspección das axudas concedidas.
Mais información:
Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos
Casa do Concello
Praza do rei 4ª planta.