Iniciativas locais de emprego
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia dispón dun programa denominado “Iniciativas locais de emprego”, que financia iniciativas innovadoras con efecto dinamizador de actividades económicas e de emprego.
Poden ter a consideración de iniciativas de emprego os proxectos empresarias innovadores e xeradores de emprego promocionados e apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial da Comunidade Galega.
Para a obtención das axudas de ILE, previamente o proxecto debe estar cualificado como ILE ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Para poder obter dita cualificación é necesario cumprir os requisitos de ILE e achegar a documentación requirida, entre a que se atopa o apoio do Concello de Vigo como administración local de carácter territorial. O apoio municipal consiste na emisión dun informe económico de viabilidade do proxecto xunto co asesoramento na solicitude e información sobre axudas vixentes, cooperación e apoio para axilizar trámites administrativos de competencia municipal para a súa posta en funcionamento, dar preferencia na concesión de axudas municipais á creación de empresas na súa convocatoria correspondente e nas das PEIM (Proxecto empresarial de interese municipal).
Mais información:
Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos
Casa do Concello
Praza do rei 4ª planta.