Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Apoio as empresas

A Área de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos ten a finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no Concello de Vigo apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais na cidade de Vigo, para o cal promove e apoia as “Iniciativas locais de emprego” (ILEs) ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Imaxen estaleiro

Ademais dispón de axudas e subvencións exclusivamente xeradas e apoiadas economicamente no ámbito municipal polo Concello de Vigo, como son as aplicacións de bonificacións fiscais aos “Proxectos empresarias de interese municipal” (PEIM) e as axudas municipais para a creación de empresas.

No apoio ás empresas tamén convócanse subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a autónomos e micropemes para o fomento do emprego, mediante o emprendemento, fomentando o emprego en entornas colaborativas (espazos de traballo compartidos entre varios usuarios -coworking-) entre as persoas traballadoras autónomas e microempresas de Vigo.