Vigo polo Emprego da Mocidade
Proxecto de formación para o emprego a comenzar no 2018 financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo, destinado a formar para o emprego a 165 mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no Plan de Garantía Xuvenil con especiais dificultades de inserción laboral, co obxectivo de lograr que polo menos o 65% logren un traballo ao finalizar o programa.
O proxecto “Vigo polo emprego da mocidade” inclúe a realización de actividades formativas con 4 itinerarios formativos diferentes, todos eles baseados en certificados de profesionalidade:
- Xestión de pemes
- Confección e publicación de páxinas web
- Axudante de cociña
- Axudante de restaurante/bar
Obxectivos do proxecto:
- Ofrecer unha orientación personalizada aos novos/as vigueses/as inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e especialmente a aqueles/as con especiais dificultades, para favorecer as súas posibilidades de inserción sociolaboral.
- Favorecer integración no mercado laboral dos/as novos/as inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a través de prácticas laborais acompañadas da formación específica e transversal adecuada ás súas necesidades, contribuíndo á creación de emprego duradeiro e de calidade, ao desenvolvemento económico e á cohesión económica e social do Municipio de Vigo.
- Mellorar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a loita contra a exclusión social, a capacidade empresarial, a capacidade de adaptación á sociedade de información e o respecto ao medio ambiente.