Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Imos Traballar

Proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, xa finalizado, tivo como obxectivo mobilizar os recursos locais para acadar a creación de emprego, así como identificar actividades susceptibles de xerar novos empregos e dotar das ferramentas necesarias para establecer un proceso continuo de desenvolvemento da política local do emprego. xestionados polas entidades colaboradoras APE, AJE, CCOO, CEP, CIG e UGT desenvolvéronse diversos itinerarios formativos de inserción laboral. Este proxecto rematou o 31/08/2011.

Persoas cociñando
  • 501 beneficiarios/as.
  • Importe do proxecto 2.566.946,55 €.
  • Subvención do FSE 2.053.557,24 €.
  • Concello de Vigo 513.389,31 €.

Imos Traballar 2

Entre o 2012 e o 2014 realizouse unha nova edición do Proxecto, na cal para a consecución dos obxectivo o proxecto englobou dous tipos de accións:

  • Itinerarios de Inserción Laboral: Ofreceuse unha orientación personalizada aos/ás demandantes de emprego (especialmente a aqueles/as con especiais dificultades para a súa inserción no mercado laboral) e a oportunidade de cursar formación específica axeitada ao seu perfil e necesidades, xunto coa realización de prácticas profesionais que acompañan á devandita formación,para así lograr a inserción tanto social coma laboral dos/as principais demandantes do municipio de Vigo.
  • 2º Pacto Local polo Emprego entre os distintos axentes do Municipio e o Concello de Vigo, co obxectivo de redactar un documento consensuado do plan de acción local para o emprego da cidade de Vigo.
Logotipo Imos Traballar 2

O pacto o integran entidades sindicais (CC.OO, CIG,UGT) e empresariais (APE, AJE, CEP), xunto co Concello de Vigo.

  • 255 beneficiarios/as ( Menores de 25 o 17,58%).
  • Importe do proxecto 1.662.896,87 €.
  • Subvención do FSE 1.330.317,50 €.
  • Concello de Vigo 332.579,37 €
Pacto Local polo Emprego
Imaxen Pacto Local polo emprego