Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Unidade de Desenvolvemento Local de Emprego

Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos.
Casa do Concello.
Praza do Rei 4ª planta.

Centro Local de Emprego e das Ocupacións.
Rúa Oporto 1 2ª planta.

Teléfono: 986 810 232

Qué é ?

O Servizo de Orientación Laboral contémplase como un instrumento para informar, apoiar e asesorar nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas a través de accións individuais e grupais que contribúan a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

Trátase de achegar un servizo integral no que se combinen políticas de emprego e inserción pensadas para dar resposta a aquelas persoas que desexen mellorar o seu emprego, reconducindo a súa carreira profesional.

As principais características do Servizo son:

  • Atención personalizada
  • Diagnóstico ocupacional
  • Titoría individualizada
  • Desenvolvemento dos aspectos persoais para a ocupación
  • Derivación a programas de emprego, tendo en conta a situación persoal
  • Accións grupais de busca de emprego, entre as que cabe destacar:
    • Itinerarios de orientación laboral e redes sociais
    • Achegamento ao mercado laboral
    • Emprego, web 2.0 e redes
    • Rede de traballo

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Vigo dispón de ferramentas metodolóxicas e documentais contrastadas para a realización deste traballo, contando co equipamento informático e bibliográfico da área de desenvolvemento local e emprego.

Imaxen Centro Local de Emprego e das Ocupacións

Cómo funciona?

O Servizo de Orientación Laboral atende de xeito persoal ás persoas desempregadas que se achegan ás oficinas administrativas da concellaría ou ao Centro Local de Emprego e das Ocupacións. Mediante unha entrevista ocupacional, os orientadores e orientadoras laborais rexistran os datos básicos de cada demandante, realizando un diagnóstico das súas condicións de ocupabilidade.

Este proceder completase, de ser o caso, cunha proposta de derivación a algún dos programas de emprego que desenvolve a concellería ou a outras entidades e aos grupos de busca de emprego. A existencia de programas de formación e inserción laboral, tanto de xestión directa do concello, como subvencionados dende outras administracións, permite dispor dun número importante de recursos que axuden os usuarios e as usuarias á consecución dos seus obxectivos.

Cómo se accede ao servizo?

Con cita previa

986 810 232

Presencialmente

Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos.
Casa do Concello.
Praza do Rei 4ª planta.