Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Vigo Integra V

Edición actual do Vigo Integra, programa integrado de emprego onde a metodoloxía a aplicar ten un elevado grado de flexibilidade e de adaptación permanente ás diferentes necesidades e intereses das persoas participantes.

Imaxen curso carretillero

Co fin de poder adaptar a resposta a cada perfil de empregabilidade e as diferentes condicións, o Programa pon en marcha diferentes tipos de actuación:

  • Orientación das persoas demandantes de emprego.
  • Acompañamento na busca de emprego.
  • Formación adaptada ás necesidades detectadas.
  • Establecemento de actividades complementarias segundo o perfil do/a demandante.
  • Mediación laboral.
  • Prospección de mercado de traballo.
  • Realización de acordos de colaboración coas empresas.
  • Orientación das persoas demandantes cara o autoemprego.

Vigo Integra V

Da comezo o 1 de decembro de 2017 e como data de finalización o 30 de novembro de 2018.

  • 85 participantes
  • Obxectivo de inserción: 30%
  • Importe total do programa: 198.147,5 €
  • Subvención Xunta de Galicia: 198.147,50 €