Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Investigación e innovación

Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego a entidades sen ánimo de lucro.

A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar coa convocatoria é que se fomente o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación, preferentemente relacionadas co sector secundario, que poidan dar lugar a xeración de emprego e permitan:

  • Facilitar a adquisición de experiencia no ámbito da investigación e a innovación en sectores de interese para o emprego en Vigo e Galicia.
  • Fomentar as actividades ocupacionais e informativas de cara a unha integración laboral.
  • Fomentar a investigación e o desenvolvemento de proxectos que melloren a actividade económica, preferentemente do sector secundario, cara a incidir na mellora real e o incremento do emprego.
imaxen peixes

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades sen ánimo de lucro que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA).

Mais información:

Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos
Casa do Concello
Praza do rei 4ª planta.

Teléfono: 986 810 232