Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Fomento de emprego

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego, Economía, Industria,Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades do fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.

Coa finalidade de ter en conta a diversidade e heteroxeneidade das entidades ás que vai dirixida, convócanse os programas en función das súas características cara ao fomento do emprego e a inserción laboral e da mellora no funcionamento das entidades, no cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades.

Imaxen madeira

A contía total destinada a estas subvencións para o vixente exercicio orzamentario (2018) do Concello de Vigo é de 1.000.000,00 € (un millón euros), que se imputan con cargo á partida denominada “Programa de axudas ao plan de emprego municipal”.

Coa finalidade de ter en conta a diversidade e heteroxeneidade das entidades ás que vai dirixida, convócanse os programas que deseguido se relacionan en función das súas características cara ao fomento do emprego e a inserción laboral e da mellora no funcionamento das entidades, no cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades:

Programa I: “Entidades veciñais e culturais”
Epígrafes 10.1 e 10.5.
Programa II: “Entidades sociais e asistenciais”
Epígrafes 1, 2, 4.1 e 9.1.
Programa III: “Organizacións sindicais”
Epígrafes 5.1
Programa IV: “Entidades empresariais”
Epígrafes 5.2
Programa V “Comunidades de Montes”
Epígrafe 10.7
Programa VI: “Entidades deportivas”
Epígrafes 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2

Mais información:

Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos
Casa do Concello
Praza do rei 4ª planta.

Teléfono: 986 810 232