Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.Atopará máis información na nosa Política de Cookies. É necesario aceptar a nosa Política de Cookies para navegar na páxina

Logotipo Concello Vigo

Axudas a contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa

Convocatoria municipal de carácter anual que ten como obxecto servir de estímulo ao empresario para a contratación dos mozos e mozas do municipio de Vigo, favorecer o emprego estable e facilitar ás persoas novas a súa primeira experiencia laboral que permita mellorar o seu grado de empregabilidade e aprendizaxe na contorna da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos.

    Poderán solicitar estas axudas empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública e entidades sen ánimo de lucro. Comprenderá a transformación en indefinidos de contratos realizados a persoas traballadoras menores de 30 anos, empadroadas no municipio de Vigo para prestar servizos no mesmo.

    As empresas verán incrementada ou diminuída a contía da axuda segundo as características da persoa a contratar e a duración da xornada de traballo.

  • Programa de incentivos á contratación.

    Poderán solicitar estas axudas empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública e entidades sen ánimo de lucro. Comprenderá a contratación por conta allea, de persoas traballadoras menores de 30 anos desempregadas inscritas como demandantes de emprego na correspondente oficina do Servizo Público de Emprego, empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo, e que accedan ao seu primeiro emprego ou a súa experiencia laboral sexa inferior a 365 días (segundo a súa Vida Laboral).

    As empresas verán incrementada ou diminuída a contía da axuda segundo as características da persoa a contratar e a duración da xornada de traballo.

Imaxen grua

Mais información:

Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos
Casa do Concello
Praza do rei 4ª planta.

Teléfono: 986 810 232

Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa

Ano 2014

Núm. solicitantes
6
Núm. axudas concedidas
3
Importe concedido
28.410,00€

Ano 2015

Núm. solicitantes
9
Núm. axudas concedidas
6
Importe concedido
13.062,50€

Ano 2016

Núm. solicitantes
34
Núm. axudas concedidas
28
Importe concedido
86.312,50€

Ano 2017

Núm. solicitantes
24
Núm. axudas concedidas
19
Importe concedido
42.625,00€